Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

A exposición


Durante o 2005 celebramos o 50 aniversario da publicación de Merlín e familia, unha novela que marcou unha nova xeira na narrativa galega. Con ela, Álvaro Cunqueiro recuperou para a nosa literatura un mito universal que vé do fondo da tradición europea e que deu pé a unha das máis fermosas construcións da poética occidental: a materia de Bretaña.

A editorial Galaxia concebiu esta exposición como unha visita a Merlín e familia, a primeira novela en galego de Álvaro Cunqueiro, mais tamén coma un percorrido pola vida do autor e polo universo mítico de Merlín. Quixemos que fose unha proposta didáctica, interactiva, onde se tivese acceso ao tema da obra, ás circunstancias históricas nas que foi escrita e publicada e á súa importancia na literatura galega contemporánea.

50 Anos con Merlin e familia foi financiada pola Consellería de Cultura a través da Sociedade anónima de Xestión do Plan Xacobeo e permaneceu aberta ao público no Museo do Pobo Galego desde o 15 de setembro ao 30 de novembro de 2005. Durante este período realizáronse visitas guiadas para grupos, 23 sesións teatrais sobre textos da novela, un ciclo de tres conferencias, e tres mesas redondas e o recital poético Novas voces celebran a Cunqueiro. A exposición foi visitada por máis de 24.000 persoas.
A exposición
Galería da Terra de Miranda
Cunqueiro (1911-1926)
Cunqueiro (1927-1935)
Cunqueiro (1936-1946)
Cunqueiro (1947-1960)
Cunqueiro (1961-1981)
Cunqueiro, referencias biobibliográficas
Cunqueiro e Merlín e familia
Merlín na cultura europea
O manuscrito Soberanas: Suite du Merlín, Ms 2434
Merlín na cultura galega
Créditos da exposición

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal