Unha editorial líder
Xaime Isla Couto, presidente do Consello
de Administración de Galaxia Pasado máis de medio século desde a súa fundación, a Editorial Galaxia, con case 2.000 títulos editados e cun catálogo vivo de arredor de un milleiro, constitúe hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega e no seu catálogo figuran os autores e autoras máis significativos das letras galegas.
Editorial Galaxia está constituída como Sociedade Anónima, cun accionariado moi diverso, cuxa maioría corresponde á Fundación Penzol (52 %) e á Fundación Isla Couto (28 %). Estatutariamente declárase comprometida co rexurdimento e modernización da lingua e da cultura de Galicia e non reparte beneficios entre os seus accionistas.
Na presidencia do Consello de Administración de Galaxia sucedéronse dende a súa fundación intelectuais da significación de Ramón Otero Pedrayo (1950-1976), Domingo García-Sabell (1976-1980), Marino Dónega (1980-1996) e Xaime Isla Couto (actual presidente).
O actual Consello de Administración ten a seguinte composición:
- Presidente: Xaime Isla Couto
- Vicepresidente: Benxamín Casal Vila
- Secretario: Antón Vidal Andión
- Conselleiro Delegado: Manuel Meixide Vecino
- Vocais: Francisco Domínguez, Víctor Fernández Freixanes, Blanca Jiménez Alonso, Xavier Martínez Cobas, Xulián Parga Rodríguez, Xulio Souto Jiménez, Hakan Casares Berg, Susana Reboreda, Dolores Vilavedra e Lourenzo Fernández Prieto.
|
 |
 |
 |
 |
 |