O segredo de Marco Polo
Castro, Francisco
Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII
Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre o soldado e a princesa, xa que logo é un amor imposible. Ata que entra en xogo un Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura.
Polo medio, un enigma, un segredo como suxire o título, que non se desvelará ata o final desta novela na que o autor recrea xa non só a Venecia do seu esplendor, senón que nos fai viaxar, da man do Marco Polo, ás terras da China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira na súa xuventude.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Costa Oeste
|
 |
| 208 páx. |
 |
| Rústica |
 |
| PVP: 9.50 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-297-0 |
 |
| Data publicación: xuño 2010 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Costa Oeste
- Seguinte: Anagnórise
Outros libros de Castro, Francisco
- Anterior: Chamádeme Simbad
Novas relacionadas:
- Lecturas para un verán [28/07/2010]
- Marco Polo comezou a súa viaxe [28/07/2010]
Eventos relacionados:
08/07/2010 20:30 Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO, de Francisco Castro Xoves 8 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro de Vigo
25/07/2010 20:45 Francisco Castro no Festigal 2010 Domingo 25 de xullo, ás 20:45 h.
02/08/2010 20:00 Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO Luns 2 de agosto, ás 20 h, na Feira da Coruña
 |
 |