Punver
Castaño, Yolanda
Punver é un punki-vermiño. Non ten mal corazón, pero... hai que desastriño de punki-vermiño!
Titulares de prensa
PUNVER
Meses antes de recibir o 15º Premio Espiral Maior co poemario Profundidade de campo, a poeta multimedia Yolanda Castaño acadou os primeiros postos do ránking de vendas en galego cunha historia en verso para nenos sen límite de idade. Punver é orixinal xa na escolla do personaxe que titula o libro: un punki-vermiño; ou, o que é o mesmo, un verme punk. Nos debuxos de Eduardo Hermida que ilustran o conto, este verme, aventureiro de mais, loce, como non cabelo en punta, chupa negra, pano ao colo e un vistoso saión a cadros.
Aire fresco para a poesía e a narración infantil nun libro con chusco final que deu pé a numerosas actividades didácticas e vén de ser presentado, o 8 de agosto, na Fnac da Coruña. O conto é particularmente recomendable para aqueles que conciben a poesía como un xénero pesado, condenado á minoría lectora. Levaralles a cambiar de idea. Se o dubidan, fagan a proba con Punver.
César Quian
Sábado 1 de setembro de 2007
La Voz de Galicia. Culturas
|
|
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Os Duros
|
 |
| 28 páx. |
 |
| Capa dura |
 |
| PVP: 9.30 € |
 |
| ISBN: 978-84-8288-960-3 |
 |
| Data publicación: decembro 2006 |
 |
| 1ª Edición |
 |
| Ilustracións de Eduardo Hermida |
|
|
 |
Outros libros de Os Duros
Outros libros de Castaño, Yolanda
- Anterior: O libro da egoísta
- Seguinte: Cando eu saiba ler
Recomendacho ...
- Francisco Castro
Eventos relacionados:
08/08/2007 20:01 Contacontos de "Punver", con Yolanda Castaño A cita terá lugar o mércores 8 de agosto ás 20.00 na FNAC da Coruña.
 |
 |