Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Miguel Suárez Abel

Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, Arzúa, 1952). Licenciado en Psicoloxía, exerce como profesor de Ensino Secundario no Insituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa (na actualidade en El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e El Progreso), deuse a coñecer como escritor a principios dos anos oitenta cando o premiaron no concurso Modesto R. Figueiredo por tres relatos curtos: O fillo do Serafín (Accésit no 1981), O Quiquiriquí (primeiro premio no 1982) e A alemana (finalista no 1986). Gañar o Premio Blanco Amor coa novela Turbo (1988) resultou un paso significativo na súa evolución. Posteriormente publicou Álvaro Pino (1989), Sabor a ti (finalista do Premio Xerais en 1991), Selva Negra (1993) e participou con relatos en libros colectivos como Contos do Castromil (1992), Unha liña no ceo (1996), Novo do trinque (1997), Contos dende a arquitectura (Colexio de Arquitectos de Pontevedra, 2003). No ano 2001 recibe o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba. No 2002 gana o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia por O repenique de Beatriz Goldar (Ir indo, 2003). E no ano 2007 recibe o Premio Periodístico Puro Cora.

Obras de Miguel Suárez Abel no catálogo:
- Nunca te vin chorar ISBN: 978-84-9865-281-9

Noticias relacionadas:
- NUNCA TE VIN CHORAR [28/07/2010]
- Presentación de NUNCA TE VIN CHORAR [28/07/2010]
- Lecturas para un verán [28/07/2010]
- Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR [28/07/2010]

Eventos relacionados:
15/06/2010 20:00
Presentación de NUNCA TE VIN CHORAR en Pontevedra
Martes 15 de xuño, ás 20.00 h, no Café Moderno. Fundación Caixa Galicia. Praza de San Xosé, 3. Pontevedra

08/07/2010 20:00
Presentación na Coruña de NUNCA TE VIN CHORAR
Xoves 8 de xullo, ás 20:00 h, na librería Nós. Praza do Libro, 1. A Coruña

12/07/2010 20:30
Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR
Luns 12 de xullo, ás 20:30 h, na Capela da Madanela, Arzúa


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal