Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Jean-Philippe Toussaint

Jean-Philippe Toussaint (Bruxelas, 1957) é un dos máis brillantes escritores en lingua francesa da súa xeración. Reside en Francia desde 1971. Os seus personaxes, solitarios empedernidos, habitan un universo narrativo que se caracteriza pola discontinuidade e as permanentes rupturas do relato. Ten publicado La Salle de bain (1985), Monsieur (1986), L’Appareil-photo (1989), La Réticence (1991), La Télévision (1999) e Autoportrait (à l’étranger) (2000). Tamén se dedicou á escritura de guións de cine e en 1999 realizou a película La patinoire.

Con Faire l’amour (2002) e Fuxir (2005, Galaxia 2007), a súa obra deu un novo xiro. Ambos libros forman un díptico: o primeiro narra unha ruptura, o segundo as súas consecuencias. A súa obra vaise facendo máis visual, máis cinematográfica. Fuxir é unha fermosa resposta literaria ás creacións de interesantes cineastas contemporáneos, como David Lynch o Wong Kar Waï.

Obras de Jean-Philippe Toussaint no catálogo:
- Fuxir ISBN: 978-84-8288-967-2
- A verdade sobre Marie ISBN: 978-84-9865-377-9

Noticias relacionadas:
- Toussaint: web en galego [29/11/2011]

Eventos relacionados:
07/02/2008 20:00
Presentación de "Fuxir", de Jean-Philippe Toussaint
No Casino de Santiago, o xoves 7 de febreiro, ás 20.00 horas.

08/02/2008 12:00
Jean-Philippe Toussaint visita Editorial Galaxia
O venres 8 de febreiro.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal