Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Séchu Sende

Xosé Luis González Sende naceu en Padrón en 1971. É profesor e escritor. Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o Premio Blanco Amor de novela con Orixe. En 2007 publica, tamén en Galaxia, o libro de relatos Made in Galiza.

Obras de Séchu Sende no catálogo:
- Orixe ISBN: 978-84-8288-695-4
- Made in Galiza ISBN: 978-84-7154-091-1


Titulares de prensa
MADE IN GALIZA Non sei se este Made in Galiza (Editorial Galaxia, Vigo 2007, de Séchu Sende) vai ser o libro do ano. Se lles digo a verdade, a miña, non teño outra, tampouco me importaría que o fose.Porque é cousa moi seria, moi ben escrita (cunha economía expresiva que manda nabo), reflexiva, con misturas de ensaio e ficción, que se pode ler aos poucos (tamén pouco a pouco) e aos moitos (a grandes grolos, igualmente), que divirte e conmove, que fai pensar, que -mágoa- un lamenta que remate, porque como cantaban Los Módulos, "todo tiene su fin".

E podería seguir argumentando a prol dun libro do que botei man por razóns profesionais mais que axiña pasou ser unha desas lecturas voluntarias ou ventureiras, como os gatos dos que falaba antes e que axiña mudan nos meus "Pet Sounds". Ou sons favoritos, o que pasa é que "pet" vale en inglés tamén para mascota ou animal de compaña. Cuspidiño ao que me acontece cos libros que escollo para que veñan comigo ao corazón do verán.

Outros son eles os que me escollen, así Made in Galiza de Sende; fórmula maxistral, como esa prescripción farmacéutica que no seu libro aparece máis con aplicación idiomática, lóxica nun volume no que o idioma é cerne, protagonista, razón e causa (a parte de que haxa algunha outra historia máis leviá).

E o libro de Sende, co seu aquel de Jonathan Swift, polo irónico, mais tamén polo que o padronés ten de "pamphleteer" que non de panfletario, vai servir para empurrar do galego, ese idioma, xa saben, que anda a asoballar ao español por terra, mar e aire. Ao español e, isto aínda é máis grave, ao inglés porque - como non ignoran- a aprendizaxe da nosa lingua atranca o "learning" do idioma anglicano. Xa verán cando o saiban nos EE.UU.; vannos deixar sen queixo marelo ou leite en pó, aquilo que se tomaba nas escolas do país cando o galego estaba proscrito. Agora que anda coller un pouco de aire non mareen, hom.

Por iso, agora sen retranca, e antes de que tamén teñamos que dicir en cuestións de idioma, "Agora xa foi, Marica non chores", quero recomendar este libro de Séchu Sende. Unha das mellores cousas do que vai de ano; aire fresquiño nun debate actual.

Vicente Araguas
Domingo 26 de agosto de 2007
El Correo Gallego




Noticias relacionadas:
- 'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim' [28/07/2010]
- Éxito de Séchu Sende no Curdistán [28/07/2010]

Eventos relacionados:
03/07/2007 20:30
Presentación de "Made in Galiza", de Séchu Sende
Na Feira do Libro de Vigo, ás 20.30 horas.

14/09/2007 20:30
Presentación de "Made in Galiza", de Séchu Sende
O acto terá lugar ás 20.30 horas, no café musical e teatral "Sala de estar", na rúa Rosalía de Castro, en Carral (A Coruña).

26/09/2007 20:30
Conversa de Séchu Sende cos lectores de "Made in Galiza"
O mércores 26 de setembro a partir das 20.30 horas na Taberna Café O'Patacón de Carballo.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal