Premio Blanco Amor de Novela Longa
A Xunta de Goberno Local do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria celebrada con data 27/09/2006 aprobou as seguintes bases, para o XXV Premio de Novela Longa 'Blanco Amor'.
Bases:
- O premio estará dotado con 12.020 euros.
- Poderán participar nel todos os autores ou autoras de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega na normativa oficial.
- As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12), por unha soa cara e a dous espazos.
- As obras presentadas terán que ser inéditas.
- A obra ou obras enviaranse por correo, sen remite e baixo lema, á Biblioteca Pública Municipal 'López Cortón', Rúa do Cristo, 1, C.P. 15350 Cedeira (A Coruña). En sobre adxunto, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora. De cada obra remitiranse 5 copias.
- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de Decembro de 2006. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de Marzo de 2007, en xuntanza que se celebrará no Concello de Cedeira. A data precisa comunicarase oportunamente.
- O xurado do premio, nomeado nesta ocasión polo Concello de Cedeira, estará composto por cinco membros, que deberán ser escritores/as ou críticos/as literarios/as da literatura galega.
- O premio poderá declararse deserto, de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado. Neste caso, o importe destinarase a divulgar a obra de Eduardo Blanco Amor entre as escolas e os centros culturais de Galicia.
- O xurado fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.
- A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade sobre a obra premiada. As obras non premiadas serán devoltas ós/ás autores/as que o soliciten, no prazo dun mes, contando dende o día do veredicto. Os gastos de devolución estarán a cargo dos autores. En caso de non recollerse en tempo os orixinais, serán destruídos.
- A entrega do premio terá lugar no mes de Abril de 2007, nun acto público, convocado oportunamente, no que se tentará a difusión da novela gañadora.
- O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan as bases do mesmo.
- Nos aspectos non contemplados nestas bases, decidirá a entidade organizadora.
« Volver
|
 |
 |
 |
Premio Blanco Amor de Novela Longa
Listaxe de libros premiados:
|
|
|
 |