Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

Premio de Novela Manuel García Barros

O Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados da nosa Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo facilita e posibilita unha mellora no eido da literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea o Premio de Novela 'Manuel García Barros' (Ken Keirades). Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza de Manuel García Barros, contribuíndo ao espallamento da súa persoa e a importante achega que a súa obra supuxo para as Letras Galegas.

Bases:
  1. Poderán concorrer ao premio todos autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.
  2. Os orixinais serán presentados por sextuplicado exemplar en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo antes do 16 de abril de 2010 na Casa do Concello, Praza da Constitución,1 - 36680 A Estrada (Pontevedra).
  3. Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título da novela.
    Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003.
  4. A dotación económica será de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio.
  5. O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos.
  6. A composición do Xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.As Bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.
  7. Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e no lugar que se anunciarán que se anunciarán oportunamente.
  8. O premio poderá ser declarado deserto.
  9. O acto de entrega do devandito XXII Premio de Novela 'Manuel García Barros' (Ken Keirades), será no lugar, día e hora que se comunicarán oportunamente.
  10. O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo de un ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas linguas do Estado, en formato físico ou dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.
  11. O caso da súa solicitude por escrito, enviaránse aos/ás autores e autoras e ao seu cargo, nun prazo de tres meses, aqueles orixinais non premiados. Transcorrido dito prazo serán destruídos.
  12. A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.


« Volver
Premio de Novela Manuel García Barros
Listaxe de libros premiados:

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal