Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

29-07-2010
O Culturgal xa ten datas

Celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de decembro

Onte coñeceuse a nova de que a feira das industrias culturais galegas ten previsto celebrarse do 10 ao 12 de decembro na Coruña. O presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, director comercial de Galaxia, reuniuse onte coa concelleira de Cultura coruñesa, María Xosé Bravo, acompañado polos tres membros da executiva de Culturgal: o vicepresidente da asociación, Ernesto Chao, o secretario, Cándido Meixide e a tesoureira, Beatriz Sieira para comezar a andaina da que ten que ser a gran cita referencial da cultura galega. Polo de agora, o concello da Coruña e Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) son os únicos apoios económicos garantidos para patrocinar o Culturgal, un encontro da industria da cultura que, en palabras do presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo, "debe de estar sempre por enriba de circunstancias políticas" de tal xeito que o apoio se manteña independentemente de quen detente o poder no país.
O Culturgal, así, bota a andar coa esperanza de se converter nunha cita consolidada que, sobre todo, se manteña viva no tempo.

« Volver

{*ver_mais_novas}


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal