Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    
Novidades
Noticias

Demetrio Bilbatúa visita Galaxia
O xenial cineasta galego-mexicano departe co noso equipo editorial

Actos de Galaxia na Feira do Libro da Coruña
Presentacións para un verán literario

Críticas
A CHOIVA DO MUNDO
Xosé M. Pacho Blanco
Premio Torrente Ballester 2007
Revista Grial

Autores relacionados:
Pacho Blanco, Xosé M.
Libros relacionados:
A choiva do mundo


PAISAXE E NACIÓN
"O propio concepto de paisaxe viuse condicionado e deformado polo seu funcionamento como significante do Nacionalismo/.../Paisaxe e nacionalismo son, daquela, dúas construcións míticas simultáneas, como se plasma nos neoloxismos que as designan e que se desenvolveron paralelamente?". Estas verbas constitúen algúns puntos de arranque, singulares trazos caracterizadores do pórtico do ensaio Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio co que María López Sández acadou o Premio "Ramón Piñeiro" de Ensaio na convocatoria de 2007. A profesora tenta achegarnos o feito paisaxístico caracterizado na secuencia temporal como elemento cosubstancial ao ser humano e como referente literario ao longo da historia da nosa literatura. E non só da nosa; ao longo da creación universal, a natureza e a paisaxe mantiveron unha estreita relación co ser humano, un vencello recorrente que é a demostración dunha evidencia: o ser humano, a comunidade, é en parte consecuencia da estreita vinculación que se crea entre el a paisaxe que o rodea. Hai moitos exemplos aos que acudir mais, téñase presente, que esta caracterización do fenómeno natural semella ter un antes e un despois do Romantismo: a partir do XIX a paisaxe tamén é o tema esencial, lonxe de enmarcar como sucedera deica entón, e pasa a conformar o imaxinario común.

Das catro partes que compoñen o volume ("Nacionalismo e Imaxinario social"; "Espazo e paisaxe"; "Paisaxe e nación no discurso literario galego" e "Discurso, ideoloxía, paisaxe e nación") salientamos o terceiro capítulo no que a autora recolle tres exemplos de etapas diferentes da literatura galega para exemplificar esa íntima conexión entre a realidade paisaxística e as persoais interpretacións: "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro; "Arredor de si" de Otero Pedrayo e o ciclo textual de Tagen Ata de Ferrín. O poemario de Rosalía por canto ten de reivindicación paixasística; a novela do señor de Trasalba na que se retorna e reflexiona constantemente sobre os espazos vividos e visitados e, no caso de Ferrín, polo interese dun proceso de creación intertextual ambiguo, alegórico e ambicioso.

Xavier Castro Rodríguez
GALICIA HOXE
31 de xaneiro de 2009


Autores relacionados:
López Sández, María
Libros relacionados:
Paisaxe e nación (A creación discursiva do territorio)


SUBSCRÍBETE
As novidades de Galaxia no teu correo


01/08/2010 - 10/08/2010
Feira do Libro da Coruña
Do 1 ao 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña

01/08/2010 13:30
César Antonio Molina na Feira da Coruña
Domingo 1 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez

Autores relacionados:
Molina, César Antonio

Libros relacionados:
Eume

02/08/2010 20:00
Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO
Luns 2 de agosto, ás 20 h, na Feira da Coruña

Autores relacionados:
Castro, Francisco

Libros relacionados:
O segredo de Marco Polo

03/08/2010 19:30
Sinatura de Benigno Campos
Martes 3 de agosto, a partir das 19:30 h, na Feira da Coruña

Autores relacionados:
Campos, Benigno

Libros relacionados:
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos

04/08/2010 21:00
Presentación da revista Grial 186: "Luís Seoane entre dúas culturas"
Mércores 4 de agosto, ás 21:00 h, na Feira da Coruña

Libros relacionados:
Grial 186

05/08/2010 20:00
Presentación de UN ÚLTIMO DESTINO
Xoves 5 de agosto, ás 20:00 h, na Feira da Coruña

Autores relacionados:
Caneiro, Xosé Carlos

Libros relacionados:
Un último destino

06/08/2010 20:30
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS en Sanxenxo
Venres 6 de agosto, ás 20:30 h, na Sede Náutica Caixa Galicia, Sanxenxo

Autores relacionados:
Campos, Benigno

Libros relacionados:
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos

13/08/2010 - 16/08/2010
Feira do Libro de Viveiro
Do 13 ao 16 de agosto, nos Xardíns de Noriega Varela. Viveiro

19/08/2010 - 22/08/2010
Feira do Libro de Foz
Do 19 ao 22 de agosto, na Praza do Conde de Fontao. Foz

25/08/2010 - 28/08/2010
Feira do Libro de Monforte
Do 25 ao 28 de agosto, na rúa Cardeal. Monforte de Lemos


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal